Unha cervexa torrada de 0,0 cun sabor pleno. A mestura de maltes e lúpulo empregada proporciónalle un carácter saboroso, equilibrado e refrescante. Todo o poder dunha cervexa Estrella Galicia, pero sen nada de alcol. Aromas artificiais? Cero, só ingredientes naturais.

Mercar

Materias primas

Auga
de A Coruña

Maltes
Mestura de 6 tipos de malte con diferentes graos de torrado

Lúpulos
Nugget, Perle e Sladek

Lévedo
Seleccionada de Hijos de Rivera

Información nutricional (Por 100 ml)
Valor enerxético 85kJ / 20 kcal
Graxas 0 g

Das cales ácidos graxos saturados 0 g
Hidratos de carbono 4,3 g

Dos cales azucres 1,9 g
Proteínas 0 g
Sal 0 g
Clasificación Torrada 0,0
Aparencia Ámbar escuro con reflexos laranxas
Sabor Dominan os sabores das maltes, ben equilibrados pola presenza dos lúpulos. Unha suave dozura inicial con lixeiras notas ácidas, prolongado regusto amargo e final seco.
Amargor 20 EBU
Cor 32 EBC
Temperatura de servizo 4-5 °C
Alcohol 0,0°
ESP 6,5 °P
Maridanza
  • Queixos: queixos frescos ou de leite de vaca con notas de herbas e pasta semidura (Appenzeller, Gouda, Emmental, Arzúa-Ulloa ou Mahón).
  • Verduras e hortalizas: ensaladas con aderezos potentes (César ou Waldorf) e cremas de verduras (cabaza, cabaciña, batata…).
  • Aves: en boliñas ao vapor, á prancha ou ao wok con salsas asiáticas e adobos (teriyaki, unagi tare, yakiniku).
  • Sobremesas: que conteñan chocolate na súa preparación con posibles combinacións con froitas como albaricoque ou pexego (Torta Sacher)